sábado, 13 de abril de 2013

Deitado Frente ao Mar

En decembro do 2012 entramos no estudio a gravar unha versión musicada do poema Deitado frente ao mar de Celso Emilio Ferreiro, co motivo da celebración a nivel nacional do centenario do seu nacemento, o 12 do 12 do 12.

Así foi como, un día de chuvia de comezos de decembro, entramos no estudio de Karallada, na Illa de Arousa (onde xa tiñamos gravada unha pequena maqueta coa antiga formación facía xa uns anos). Esta vez iamos en serio, e nun día enteiro xa tiñamos todo listo para mezclar.

Para este tema contamos coa colaboración de persoas moi achegadas ao grupo para gravar os versos iniciais do poema: A presenza especial do polivalente Manuel Seixas (poeta, novelista gañador do Premio Xerais, filósofo e músico -Korosi Dansas, Neuroband e en soitario-), Victor Karallada (Neuroband, Undertown e La 4pared), Xoán Blanco, Maite Casás (Revenidas), Héctor Silveiro (Revenidas), Carlos Blanco (Revenidas), Maite García (Revenidas), Aldara Silveiro e Pilar Iglesias, aos que lle estamos agradecidísimos da súa colaboración!



Finalmente, este foi o resultado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario