sábado, 13 de abril de 2013

Sinestesia

Sinestesia foi unha das dúas cancións elexidas para levar á de Karallada na semana santa do 2013 xunto ao Brutal Blues.

Sendo unha das cancións nosas "de toda a vida", non fixo falta moito tempo para tela na mesa de operacións de Karallada.

Este foi o resultado:
    


Deitado Frente ao Mar

En decembro do 2012 entramos no estudio a gravar unha versión musicada do poema Deitado frente ao mar de Celso Emilio Ferreiro, co motivo da celebración a nivel nacional do centenario do seu nacemento, o 12 do 12 do 12.

Así foi como, un día de chuvia de comezos de decembro, entramos no estudio de Karallada, na Illa de Arousa (onde xa tiñamos gravada unha pequena maqueta coa antiga formación facía xa uns anos). Esta vez iamos en serio, e nun día enteiro xa tiñamos todo listo para mezclar.

Para este tema contamos coa colaboración de persoas moi achegadas ao grupo para gravar os versos iniciais do poema: A presenza especial do polivalente Manuel Seixas (poeta, novelista gañador do Premio Xerais, filósofo e músico -Korosi Dansas, Neuroband e en soitario-), Victor Karallada (Neuroband, Undertown e La 4pared), Xoán Blanco, Maite Casás (Revenidas), Héctor Silveiro (Revenidas), Carlos Blanco (Revenidas), Maite García (Revenidas), Aldara Silveiro e Pilar Iglesias, aos que lle estamos agradecidísimos da súa colaboración!



Finalmente, este foi o resultado.

Presentámonos

BORDERLINE79 somos un grupo de cinco rapaces de entre 17 e 19 anos da zona do Salnés. Nacemos en 2009 cando aínda eramos moi cativos e comezabamos a interesarnos pola idea dun grupo en galego. Logo de varios cambios de formación estabilizámonos en 2012, ao mesmo tempo que fixemos do grupo unha seria proposta de futuro. A nosa zona de actividade resúmese a zonas próximas de Galiza, incluso chegando a tocar en Ponferrada e en festivais de nome como son as Revenidas xunto a artistas como The Skatalites, Dios Ke Te Crew, O leo i arremecághona, Terbutalina... Os nosos directos propoñen unha escea explosiva acorde coa música (gañadores do premio á mellor posta en escea no I Certame de Bandas dos Locais de Ensaio en Vilagarcía de Arousa) e reciben unha moi boa aceptación do público. O noso estilo móvese moi cerca do metal alternativo, con influencias moi claras da xeración de Seattle dos 90. E, por suposto, o noso repertorio componse de temas propios, o 99% en galego.

Nacemento

Este blog nace coa idea de ter un lugar propio na rede no que ir publicando novidades do grupo, concertos, cancións, mesmo vídeos...